“Pensar e de burros!”

Sorprendente titular, pensaredes… pois non e raro escoitar ainda hoxe xente que cando alguén se equivoca en algo e argumenta “Eu pensaba…” a resposta é “Pensar e de burros!”. Se cadra, iso mesmo pensaba a xente que cometeu unha das inxustizas mais notables do século XX en España con un dos seus mais notables homes. Refírome á execución de Francisco Ferrer y Guardia, fundador da Escola Moderna, acusado de ser o instigador dos feitos da Semana Tráxica de Barcelona.

20090121-111_ferrer_i_guardia ferrer

E por qué lle tocou a Ferrer esa culpa? Non só polo seu declarado ideario anarquista, senon tamén porque a súa escola moderna, xerme da escola racionalista, era moi incómoda para moitos. Falar dunha escola baseada nas capacidades por riba das clases sociais, onde non habería exames nin notas para non establecer diferenzas humillantes, onde o ensino baseariase en motivar a curiosidade do alumno, onde nenos e nenas estudasen xuntos, etc, non era grato para que gostaba mais de ter unha masa sumisa e resignada ao seu destiño humilde.

Este texto de Ferrer é de por sí ilustrativo:

          “Os gobernos coidáronse sempre de dirixir a educación do pobo, e saben mellor que ninguén que o seu poder está totalmente baseado na escola e por iso a monopolizan cada vez con maior empeño. Pasou o tempo en que os gobernos se opuñan á difusión da instrución e procuraban restrinxir a educación das masas. Esa táctica éralles antes posible porque a vida económica das nacións permitía a ignorancia popular, esa ignorancia que facilitaba a dominación. Pero as circunstancias cambiaron: os progresos da ciencia e os multiplicados descubrimentos revolucionaron as condicións do traballo e da produción; xa non é posible que o pobo permaneza ignorante; necesítaselle instruído para que a situación económica dun país consérvese e progrese contra a concorrencia universal. Así recoñecido, os gobernos quixeron unha organización cada vez máis completa da escola, non porque esperen pola educación a renovación da sociedade, senón porque necesitan individuos, obreiros, instrumentos de traballo máis perfeccionados para que frutifiquen as empresas industriais e os capitais a elas dedicados.”

De burros pode que non… pero de xente perigosa para os oligarcas pode ser.

Aquí vos deixo un documental emitido pola 2 sobre este ilustre español. Mais información e comentarios na nosa rede social:

 

Advertisements

2 Respostas

  1. Xa, Belén, mais ainda quedaría muito, muito tempo para a escolarización de todos os nenos e a gratuidade da mesma…
    E un pobo sen educación e sen cultura non pode ser libre…

  2. ES lógico que por aquella época la gente lo supiera distinguir entre el derecho de aprender y las clases sociales, y nosé como éste hombre tuvo el valor de construír ésa escuela. Bien por él, sin su solidaridad todos seríamos unos ignorantes.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: