Megalomanía de pedra (II)

     Como xa vos dixen na aula, o totalitarismo é un termo baseado na privación das liberdades elementais do individuo fronte a un supertestado poderoso e omnipresente (acordádevos da entrada sobre 1984). Iso aplícase, entón, a estados como a Alemaña de Hitler, a Italis de Mussolini e a URSS de Stalin. Desta maneira, o culto [...]

O verdadeiro Gran Irmán

Supoño que se vos falo do Gran Irmán todos pensades no celebérrimo concurso-reality onde a xente vende a súa intimidade por un puñado de euros. Sen embargo, se cadra non sabedes a orixe do nome: a novela “1984″, escrita por George Orwell en 1948 e, como a súa outra coñecida obra “Rebelión na granxa”, é [...]

O caso Lysenko

É especialmente significativo do novo estado baixo a férrea dirección de Stalin o da negación obstinada da posibilidade de erro, e a negación virulenta de outras opinións contrarias á súa. É por iso que cando un home chamado Lysenko lle propón unha nova agricultura que negaba a xenética (!!!), o ditador veu a posibilidade de [...]

As fotos trucadas de Stalin

Moitísimo antes dos programas de retoque fotográfico e da informática mesma, a propaganda ao servizo do poder xa permitía facer cousas como estas, na que se suprimían ou engadían á vontade do ditador as persoas que lle conviña. O mais habitual era borrar da foto, e da historia mesma, aos que pasaran a ser incómodos [...]

A Revolución Rusa no cinema (II): O acorazado Potemkin

E se falamos de cinema e revolución, é imprescindible que coñezades unha das mais importantes películas de todos os tempos: O acorazado Potemkin. Dirixido por Serguéi Eisenstein, foi un encargo do novo estado soviético como vehículo de propaganda do réxime, converténdose rápidamente nunha dos mellores filmes da historia. Os feitos que se describen remóntanse ao ano [...]

A Revolución Rusa no cinema (I): Doctor Zhivago

Baseada na novela homónima de Boris Pasternak, premio Nobel de literatura no ano 1958 (que as autoridades soviéticas obrigaron a rexeitar),  e dirixida por David Lean, o mesmo xenio que levou ao cinema a biografía de Lawrence de Arabia (vede a reseña neste mesmo blogue), esta produción de 1965 galardonada con cinco Oscars e catro [...]

A Revolución Rusa

E xa chegamos a un dos momentos mais importantes do século XX, o nacemento da URSS. Para comezar, deixovos na páxina web un documental moi completo pero ben resumido sobre os feitos. Premede na imaxe para chegar.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.