Os vosos comentarios

          Páxina aberta para o que queirades comentar sobre a marcha do curso.

          Esta páxina tamén terá a finalidade de atender as vosas dúbidas ou consultas sobre calqueira aspecto da materia, así como poñer as datas de examen. Recórdovos, para comezar, que o primeiro exame da segunda avaliación é o xoves 5 de Febreiro, e abrangue o tema da segunda revolución industrial e o imperialismo.

          E tal e como decidimos hoxe, mércores 18 de Febreiro, o segundo exame queda onde estaba, o xoves 19 de Febreiro. O terceiro exame, o derradeiro desta avaliación, queda entón para o mércores 18 de Marzo. Abrangue o tema da Revolución Rusa e tema do período de Entreguerras.

129 Respostas

  1. Juan , por fin conseguin deixarche o comentario :) mira, qe non entendo a partir da decada moderada-uniunista esa incluida.
    GRACIAS !

    • Pois a ver: A década moderada-unionista fai referencia á etapa de alternancia política entre os moderados de Narváez (lembra que este era o chamado “espadón de Loja”, e que foi o protagonista da etapa ultramoderada que redactou a Constitución de 1845) e un partido creado por O´Donell, a Unión Liberal, formada por progresistas, esquerda moderada e dereita progresista, quedando á marxe os mais radicais e os republicanos. A Constitución de 1845, que tentaron sustituir por outra (que non chegou a promulgarse) segue en vigor. A Unión Liberal, cando lle tocou gobernar, comezou a realizar unha serie de campañas militares no exterior coa fin de reforzar a imaxe de España, mais o que conseguiu foi muito mais descontento.
      A raiña Isabel II non lle complacía o goberno de O´Donell, co cal o aparta do goberno deixando neste ao seu favorito, o ancián Narváez, que goberna do xeito que él sabe: ultraconservador, aínda máis que antes, case dictatorial. Foi a etapa chamada Bienio Ultramoderado, do 1866 ao 1868. Isto fai que no exilio, as forzas contrarias a Narváez (os progresistas e demócratas apartados do poder, recorda) unen súas forzas para derrocar á raiña. Esta unión se chamou o pacto de Ostende. Estas forzas estaban dirixidas por Prim. Por outra banda, cando O´Donell morre a Union Liberal queda nas máns de Serrano. Cando morre Narváez, a Raíña queda soa, e os unionistas de Serrano mais os progresistas e demócratas do Pacto de Ostende se unen para a revolución (A “Gloriosa”) de 1868. Contaban co exército e coas masas populares fartos da política errática e pouco popular da raiña. AO chegar ao poder, elaboran unha nova constitución moito mais liberal, a de 1868, e por sufraxio deciden que a forma de goberno será a monarquía.
      Espero que te servise de algo, se non tí pregunta. ;)

      • Si que me serviu, moitas gracias :) creo que xo teño todo claro , se se me ocurre algunha duda mais xa te abordarei maña polos pasillos jajaja !
        GRACIAS

    • Juan, me ha surgido una duda de ultimísima hora, no sé si verás esto antes de mañana, sino te abordo por los pasillos! Verás es que no entiendo el siguiente párrafo:
      “Para facilitar a construcción dos ferrocarrís, o Estado concedía vantaxes aos inversores privados, e contou, para o seu financiamento, con tres fontes de recursos: a subvención estatal, o capital dos accionistas e o líquido das obrigacións que emitían as propias compañías ferroviarias” ¿Qué quiere decir “o líquido das obrigacións que emitían as propias compañías ferroviarias”?
      Muchas gracias :)

      • A ver: las obligaciones son documentos de préstamo de dinero. El Estado, por ejemplo, los emite periódicamente, y representa una cantidad de dinero que ha sido prestada por alguien con la exigencia de ser devuelto en un plazo determinado. Por supuesto, si me prestas 100 yo te firmo un papel donde me obligo (de ahí el nombre) a devolvértelo en un plazo de tiempo, el que conste en el documento, evidentemente con un interés determinado (se trata de que la gente se anime a prestar dinero con el incentivo de ganar algo) Así, las compañías ferroviarias, como muchas otras, emitieron esos documentos en los que piden dinero prestado a inversores a cambio de devolverlo en x tiempo con un interés determinado. Líquido es como se denomina el dinero que queda tras comparar lo que se tiene con lo que se debe. En definitiva, el dinero que tienes para gastar. Concretando, el líquido de las obligaciones era el dinero que obtenían del préstamo de los inversores. Espero haberte ayudado :)

      • Me ha ayudado un montón, de verdad :) Mil gracias por tu atención tanto presencial como online ;)

  2. Hola Juan!
    Bueno hoy mi visita no es para preguntar una nota, como la última vez jaja, sino para preguntarte si el examen de recuperación de geografía lo vas hacer este jueves, ya que debimos hacerlo el jueves pasado pero con esto de la nieve, alguna gente no tuvimos transporte..que dices?
    …voy a dar un rodeo por aquí!!
    Gracias, un saludo :)

    • No puedo hacerlo el jueves sin avisar a todo el mundo convenientemente, Nuria, no estaría bien. Hablaremos el jueves con vistas quizás a hacerlo el viernes como primera posibilidad, y siempre que no os coincida con otro examen. Ten en cuenta que el temporal trastocó todos los planes, no solo en vuestra clase. Quedaron pendientes de hacer examen conmigo dos cursos…
      Por lo demás, estás en tu casa, paséate cuanto quieras por el blog :)

  3. Por aqui andamos un ano mais….a piques de rematar o curso e eu ainda non me acordara de visitar o blog…ai ai ai que cabeciña….

    Que rrecordos me trai a pagina ao ano pasado…e ainda andan por ai as miñas preguntiñas jeje e como non nas marxes segue a presencia da nosa a miga a cariña sorinte :) jeje

    Un saludo Juan e espero que disfrutaras o finde

    Bicos

  4. hola Juan!! bueno espero que estes pasando un bo verano igual que eu jajajaja e nada solo era para o que falamos o ultimo dia o dos exames de septembro mais ou menos como van a ser?? xa non molesto mais jajaj coidate! saudos!!

  5. Hola Juan! bueno pois este ano xa se acabou e nada so decirche que a clase de historia de este ano pareceume moi amena e aprendin máis do k imaxinaba houbo momentos bos e momentos malos pero a verdade e que se dalgunha klase estou orgulloso e de historia non penses que che estou a facer a pelota pero e a verdade en primeiro lugar agradecerche que fixeras o blogue e en segundo lugar e en nome da clase (como delegado que son) jajaja (e estariamos todos dacordo)agradecerche o levadeiro que foi historia neste ano como xa dixen.Pois nada juan espero que pases unhas boas vacacions e espero verte pa o ano e millor se che vexo na klase polas mañas dándonos a chapa jajajaja graciñas Juan.

    pd:o outro dia non fumos a klase x temas de examenes que andabamos moi liados. Pois o dito pásao ben (que qu se aprobo todo non teñas duda que tamen o pasarei ben)jajajaja e saúdos!!!

  6. Vale pois moitas gracias outra vez Juan.

  7. Pois moitas gracias.Por certo o representante ou o que dirixia este partido era Chiang kaichek non?
    Se esta claro que con unha vez chega pero non sei que pasou =) jeje!

    • Si, foi Chiang Kai-shek pero tras a morte de Sun Yat Sen, en 1926. Entón o Kuomintang, que ata ese momento incluía aos comunistas pro-soviéticos nas súas filas, emprenden a persecución dos comunistas disidentes. Isto sería o comezo da guerra civil china, que durou ata 1949, como xa dixen antes. En Taiwan, que pasou a chamarse República China (nome nunca aceptado por Pekín), Chiang Kai-shek estivo no poder ata 1975, sucedido polo seu fillo.

  8. Ui!!!hubo un fallo por ai..que publicou o comentario moitas veces!!sintoo!non sei porque foi!

  9. Hola Juan!Pois moitas gracias por resolverme as dusas agora xa todo me ten sentido jeje
    E se non é moita molestia me podes explicar tamen en que consistia o koumintang?
    Moitas gracias

    • Pois, moi brevemente, era o Partido Nacionalista Chinés, o que fundara Sun-Yat-Sen, un partido de corte partido democrático nacionalista socialista moderado na súa orixe, conservador capitalista na actualidade, que foi apartado do poder en China tras a guerra civil cos comunistas de Mao. En 1949, os membros do Kuomintang se exiliaron a Taiwan, onde formaron goberno. Se queres mais información pide (pero non oito veces, con unha abonda… :-) )

  10. olaaa!!! era pa preguntarte si el examen se puede hacer en castellano! jeje eske estoi estudiando y me hice los resumenes en castellano porque asi lo entiendo mejor. y tmb tenia la misma duda de cris y ya aprovexe a leer:)

    asta mañana!

  11. hola juan! xa estou aqui outra vez.Para nada estou encontra da democracia como parece, só digo que hai que millorar a democracia, porque esta democracia parece que en vez de axudar a que todo vaya a millor só se preocupa de meter baza e insultarse uns aos outros.A verdade e que tal como están as cousas a xente quítaselle as ganas de ir botar, porque tal como o estan facendo só causan incertidume. Non saben eles nin o que queren.Non hay hai que acabar coa democracia, que como ben dis ti, costou moito chegar a ela, senón que hai que mellorala.Unha democracia estable solidaria de axuda mutua para facer de este mundo algo millor e sempre pensando nos que menos teñen e para iso o primeiro e concenciar a xente e sobre todo a xente nova un saudo Juan

  12. Hola juan!!

    Un preguntiña…e que estaba aqui estudiando e surgironme duas pequenas dudas.
    Unha é que ven sendo un movemento panarabista?
    E a outra as intifadas eran como pequenas guerras dirixidas polos palestinos?E que non me acaba de quedar muy claro.
    Moitas gracias

    • Como xa vimos en clase, o panarabismo é un movemento político e ideolóxico de corte nacionalista que propón a unidade política de todos os pobos islámicos como unha soa nación. Ainda que o movemento panarabista é anterior, será a finais dos anos ’40 do século XX cando Nasser en Exipto fale desa unión e, mais tarde en Bandung, declare a non alineación do mundo islámico aos bloques enfrontados, comunista e capitalista. O por qué de que cobre forza nesa época é pola creación do Estado de Israel e a primeira guerra árabe-israelí, e por apartarse da dependencia económica e política de occidente.
      En canto ás intifadas, como tamén vimos en clase, foron a plasmación do movemento de resistencia civil dos palestinos nos territorios ocupados por Israel. Na primeira, en 1987, foi un levantamento en protesta pola situación dos palestinos. A segunda, en 2000, polo non cumprimento por parte de Israel dos acordos entre a autoridade palestina e o Estado xudeu. En ambos casos, os palestinos se enfrontaron con pedras ás forzas de seguridade de Israel, o cal respondeu cunha violencia que provocou á súa vez as represalias terroristas islámicas, que provocaron unha feroz resposta israelí, que provocou (corta e pega estas frases todo o que queiras…)
      A tristísima situación do conflito, como xa vos dixen, segue aberta. E seguen morrendo centenares de inocentes…

  13. si iso e certo pero o pobo Israelita en xeral esta a favor desta guerra inxusta que din que é para defender o seu territorio.A clase de hoxe gustoume moito pero creo que se todos os grandes eses que estan ai arriba sacándose fotos todo o dia e poñendo caras de risa entre eles siguen asi o mundo nunca vai cambiar, necesitamos un cambio na politica, non aqueles dous partidos que se matan entre eles e que non fan mais que preocuparse de insultarse. A min a politica europea sinxelamente dame asco non a soporto son todos unha panda de inutiles que se preocupan de mostrar cara o publico unha actitude que deixa moito que desexar. Pretenden comprar a xente para chegar ao poder e pudrirse de cartos. Dende a chegada da democracia a españa que cambios houbo na politica? sempre son os mesmos moita variedade na politica pero se me apuras só podes botar a branco ou a negro e asi en todas as partes esto nunca vai cambiar

    • … e volves a caer no “TODOS” ou “EN XERAL”… ollo con iso, que a información que temos é a que nos dan. E esa mesma información nos da a uns como malos hoxe e como bos mañan, e só da pe á intolerancia…
      En canto á túa valoración da política, recorda o que é fundamental: se non nos gusta un grupo, o cambiamos polas urnas. A democracia ten que medrar, pero dende o positivo. Se cuestionas aos políticos e arremetes contra o sistema corres o risco de tocar pola outra banda aos que abominan da democracia.
      Apoiemos ao sistema democrático, critiquemos dun xeito construtivo e digamos o que non nos parece ben. Pero non arremetamos contra quen a representa. Ten en conta que o feito de que poidas criticar á política costou moitísimo esforzo e incluso sangue no noso país… só por iso paga a pena defender o que temos. E que medre forte.

  14. Intentarase ler no veran que agora temos moitos exames.Gracias pola informacion Juan!

  15. A guerra de Israel contra Palestina e un autentico xenocidio, e inexplicable, non se pode masacrar a un pobo de esa maneira por intentar defenderse.Israel esta descargando toda a sua rabia (que e similar ao seu potencial armamentistico)contra Palestina.Non estou xustificando nin un bando nin outro so digo que me parece unha barbaridade atentar contra nenos mulleres homes inocentes.
    A min persoalmente pareceme un xenocidio en toda regra e o que mais rabia me da e que este xenocidio veña orixinado por un pais xudeu!!! os cales foron masacrados no holocausto polos nazis, e agora estan facendo algo similar.
    Daquela por esa regra de tres se un neno de seis anos me pegase unha patada eu darialle unha paliza non? esta comparacion sinxela e claramente o que esta pasando entre israel e palestina onde palestina e o neno pequeno e israel a persoa maior gustariame debatir este tema con mais calma porque escoitanse con perdon moitas estupideces por aí ainda que esto e a miña opinion podo estar equivocado se é asi gustariame que me correxirades saúdos!!!

    • Certamente, o abuso e o emprego da forza sempre é rexeitable, e iso é algo que é fundamental para min que entendades coas miñas clases. Tan só unha importante puntualización: non caiades no recurso doado de maldicer aos alemáns polos nazis, aos xudeus polos palestinos, aos palestinos polo terrorismo, etc… os humanos somos iso, humanos. A violencia que desatan algúns grupos ou gobernos non representa a todo o sentir dun grupo humano, tede en conta que iso e o primeiro paso para a intolerancia e os prexuizos de grupo.
      Ademais, non sería xusto cos alemáns torturados e asasinados polos nazis, os civís alemáns represaliados por soldados rusos cheos de odio tras a toma de Berlín, os miles de xudeus que se manifestaron en Tel Aviv contra o bombardeo do Líbano, os nenos palestinos mortos nos ataques de Israel, etc…
      Porque o odio só leva ao odio. Se matas a alguén, os que amaban a túa vítima buscarán a venganza. Só a reconciliación e o desexo dunha verdadeira paz fará que todo o mundo durma mais tranquilo…
      E, xa que estamos, se queredes, empregad esta reflexión para a vosa vida persoal. Que estamos aquí catro días, non paga a pena pasalos con rabia e temor…

  16. Hola Juan!

    Xa queda pouquiño para rematar o curso….
    Para cando a actualización do tema doce¿?
    e que se non non teño nada que comentar!jeje!
    Entrara algun apartado do libro armas germenes y acero¿?Eque como nos che gustara o ultimo comentario que che fixera del quedeime cas ganas de facer un que che guste como che gustou o primeiro!jeje!

    Un saludo!

    • Non, neste próximo exame non entra nada do libro de Diamond, penso que os capítulos fundamentais xa os leíchedes. En todo caso, recomendo que o leades enteiro, tal e como comentamos paga a pena.
      En canto ao tema doce, xa vou introducindo entradas como podes ver, enlazandoo co tema da Guerra Fría.

  17. hola Juan gustariame que me aclararas se pode ser o motivo do teu enfado, se estou equivocado corrixeme pero creo que entendiches mal. todo o revuelo que houbo nestes ultimos dias non tivo nada que ver co do teu exame, por eso houbo unha trifulca que non pasou de ai. O problema de esta vez foi por motivos que non teñen nada que ver a verdade e que levamos 9 meses practicamente convivindo dia a dia e non todos somos iguais temos as nosas diferenzas e esas difererenzas a estas alturas de curso co extres do final e que alguns@ levan aguantado moitas (perdon pola palabra) putadas por parte dos compañeiros, fixo que se producise unha discusion moi acalorada. Creo que esta discusion estase levando demasiado lexos e esta afectando a varios campos.Simplemente era para aclarar o que,dende o meu punto de vista.penso que e o teu enfado de esta mañá se estou equivocado por favor corrixeme saudoss!!

  18. juan por dios non nos kites o punto jajaja por certo os exames unha pena ai que estudar maiss ala coidadevosssss un saudo!

  19. E que nesta…..”oitava maravilla do mundo” de libro que temos non ven todo moi explicado!!xD
    graciñas!

  20. Emmm…Juan!
    tengo una duda…
    pues mira….resulta que ando por la guerra del Vietnam cuando me surge lo siguiente….:
    Estador Unidos apoyó a Vietnam del Sur contra Vietnam del norte…siendo el del sur un régimen comunista…en plena Guerra Fria…osea..se supone que los EE.UU atacan o “melematan un poquito” a los comunistas….aver si nos entendemos…fue unicamente por que la URSS dió apoyo a Vietnam del Norte y por lleva la contraria o por qué motivo EE.UU ayudo a Vietnam del Sur??????
    creo que me he expresado con absoluta claridad….
    pues nada….
    Gracias Juan

    ya me era hora de retornar al blog…..xD

    • O mellor da túa entrada é cando dís “creo que me he expresado con absoluta claridad”…
      A ver, que nos aclaremos: tras a independencia de Indochina, que, como sabes, estaba en mans dos franceses, Vietnam (nome orixinal do país que os franceses chamaron a Indochina) dividiuse en dous estados como xa pasara en Corea. Vietnam do Norte pasou a ser un estado comunista e Vietnam do Sur un rexime parlamentario ao estilo occidental. O problema veu cando Vietnam do Norte proclamou a súa intención de unificar o país baixo o comunismo. No sur, xurdíu entón unha guerrilla, o Viet Cong, tamén comunista, que tentaba facerse co poder para axudar a Vietnam do norte nesa anexión. Entón, para evitar que o comunismo se estendese, os EEUU entraron na guerra.
      Eso foi o que pasou. Como xa sabes, cun resultado moi adverso para os EEUU…
      Anecdota de regalo: as siglas de Viet Cong, V.C., eran empregadas en código polos estadounidenses como Victor Charlie, e de ahí que, abreviadamente, se lles chamase “Charlies” aos guerrilleiros do Viet Cong…

  21. Abraiante espectacular impresionante jajaja gustoume moitisimo a historia sobre este ilusionista quen iba a dicir que algo tan preciado e bonito como e o mundo da maxia iba a ter un recuncho no mundo da guerra e utilizada no seu maximo esplendor tan intelixentemente a verdade e que e unha maravilla gracias por amosarnos esto juan saudos!!

  22. Buenas tardes Juan!!:)
    pues aqui estoy para darle un poco de vida a esto!xD
    espero que te gustara la pelicula y sobre todo que le podamos sacar partido historico.
    acuerdate de contactar con mi primo que queria hablar contigo sobre la pelicula o si tienes alguna duda o algo que necesites sobre ella pues ahi lo tienes!
    bueno Juan nos vemos mañana a 3ª hora!
    cuidate!
    un bsO,
    maria!LL)

  23. hola boas,uff pasome depois de tanto tempo , xa era hora de que mirara isto algo que o tiña moi abandonado x certo gustaronme os videos do pato donald moi ben reflexada a realidade dos nazis e nada que ultimamente pasareime mais a menudooo saudos!!

    pd:moi boa a que lle dixeches a mery sobre o seu comentario e que tes toda a razon jajajajajajajaja ata mañan!

  24. siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!
    diooooooos!!
    porfiiiiN!!
    lo conseguííí!yeaaaH(H)
    jajajajaja
    TE ESTOY FIRMANDO PROFEEEE:)
    me veees??:)miraaaaa!!
    bueno que sepas q quiero que te hagas monologuista!!:D
    jajajaja
    y que sepas también que..TU SI QUE MOLAAAS:D
    y que voy a aprovar historia:D
    mira lo que te puso cris del internado!!flipas lo bien que está eh!es justo todo lo que estudiamos!
    tu blog mooooooOooooooOlaaa:)
    xoaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaN
    eres el MEJORDETODOOOOS!te lo digo nserio!y vosotros todos sabeis que tengo razón!!jUm

  25. Non sabia eu o de Disney…e por certo unha pregunta porque o parrulo tiña que tomar o cafe a escondiadas(sen que o visen os nazis)que estaba proibido xupoño no¿?

    • Non, claro que non estaba prohibido o café. O que quere dicir, principalmente, son duas cousas: en primeiro lugar, o feito da intromisión na vida privada dos individuos fronte aos rexímenes totalitarios, no que un acto tan sinxelo como o de tomar café convértese en algo trasgresor. Por outra banda, tamen quere facer ver unha suposta escaseza de artigos de primeira necesidade na poboación sometida aos nazis sen posibilidade de protestar…

  26. Profe este e o enlace do Internado onde falan dos nacis,haber que che parece.

    • Pois pareceme unha trama de ficción que, de facerse ben, pode dar moito xogo… pero no que se refire á realidade, no que se refire ás sociedades secretas de carácter nazi cun orixe nos altos xerifaltes do III Reich, pois iso xa entra moito mais no terreo da especulación…
      Eu doume moi por contento con que saibades o que houbo, para poder entender o que hai (ou non).

  27. profe pon las partes siguientes de la superciudad de hitler no pone ke es la primera de 5 ,pues pon alguna mas ke ta mu bien

    • Ah, xa, que “ta mu bien”… vale, pois onde pon “premede aquí”, e a palabra “aquí” subrayado, fas click e xa che leva a páxina auxiliar do blogue, onde tes as catro partes seguintes. De nada.

  28. profe pon las partes siguientes de la superciudad de hitler no pone ke es la primera de 5 ,pues pon alguna mas ke a ma bien

  29. profe en el examen me ekivoke sin kerer en el apartado _a dictadura fascista_lo confundi sin keres con el de a formacion do partido nacional fascisssta,me di cuenta despues de acabar porfii puntuame 1 punto por lo menos ke fue sin kerer….pofiiii….te gusto mi comentario del libro¿?

  30. a min o ke me gustou foi o reportaxe de mundos perdidos de hitler…jeje profe xa me kedou algo e!!!pero ainda asi merezco un 8 ke toi mui atento nas clases ,,,aprobameeeeeeee ou choroooo

  31. Hola profe!

    encantoume o trailer da pelicula da ola quedei con ganas de vela esta moi interesante si!

  32. profe ke no me kedaaaaaaaa!!!!!!

    pofi pofi apruebame por mi cara bonitaaaa!!!!!

    jummmm

  33. Bueno Juan,aqui estoy como te prometí!;)
    me alegro de que te gustara mi comenterio sobre el libro :) (:
    y nada más que decirte..tienes que actualizar!!xD

    un beso!
    que tengas un buen puente!
    cuidate

  34. lo entendi perfectamente juan! gracias!

    ya veras como apruebo ehh!! jeje

    asta mañana que voi a seguir estudiando….:(

  35. Si que lo entendi perfectamente!

    gracias!!! ya veras como apruebo!! jeje

  36. holaaa!!! profe estoy aqui estudiando y no me queda muy claro o de a marcha sobre roma e a chegada ao poder si me lo puedes expicar asi mas o menos…esque este tema se las trae eh!! ejej tu en el examen pon las mas facilitas eh! jeje

    asta mañana

    • A chegada ao poder de Mussolini en Italia veu precedida por unha situación política marcada polo desenlace da I Guerra Mundial. Recorda que Italia entrou vulnerando o seu pacto cos imperios centrais coa promesa de obter unhas vantaxes territoriais que logo non se cumpliu. A iso súmase as víctimas da guerra, a crise económica resultado dela que deixou na ruina moitas industrias e un importante número de parados, os militares descontentos co resultado e un goberno feble que non satisfacía a ninguén. As manifestacións e folgas sindicais sucedíanse, e a burguesía temía unha revolución como a do Imperio ruso. Polo tanto, Mussolini tiña o apoyo do capital, que veu a solución para acabar con ese perigo.
      De feito, a debilidade do goberno para controlar a situación veuse reflictida na “marcha sobre Roma”, na que os fascistas, con Mussolini á cabeza, desfilaron sobre Roma reclamando o poder “O nos entregan o goberno ou o tomaremos”, afirmo o líder fascista). Cerca de 25000 “camisas negras” reclamaron o poder na capital, sen que se declarase o estado de sitio (é dicir, estado de excepción no que o exército pode intervir para impoñer a orde). O rei, Victor Manuel III aceptou nomear a Mussolini presidente do goberno, o cal gobernou dende entón co apelativo de “Duce” (Caudillo militar). Bastou esa demostración de forza dos fascistas e a debilidade dun goberno incapaz de poñer freno á situación para que Mussolini establecese a ditadura en Italia.
      Espero que te quedase un pouquiño mais claro, Desirée. :-)

  37. Veraas como para el lunes tengo resuelto el misterio Juan…relacionare unas cosillas que me faltan y dare con la clave ya que no voy por mal camino…jeje!Buen finde semana!

  38. olaaa juan!! cuanto tiempo ehh!!!

    estuve escuxando la cancion del paco ese!!! pero yo nose no encuentro na…se que va de unos 7 niños entre ellos paco a sevilla andando y que roban y noseke….pero bueno seguiré investigando!!!!

    Asta mañana!

  39. Pois muy ben…moitas grazas!

  40. juan…mañana te doi un articulo sobre lo de “Paco,Paco”.
    Y lo de la película te la traigo en unas dos semanas o asi.
    Un beso.

  41. Juan unha preguntiña…que era o que habia que ler do libro¿?¿?e que ia empezar agora a lelo e non sei exactamente se era da primeira parte da páxina 41 a 61 ou da segunda parte da 97 a 107

    • Aínda que nun principio considerei que lérades o inicio da segunda parte, da 97 á 107, para esta avaliación considero o mais axeitado o epílogo, titulado “El futuro de la historia humana como ciencia” da páxina 461, xa que non hai tempo para mais e ese é, se cadra, o mais axeitado para o momento histórico no que nos atopamos. Boa lectura ;-)

  42. Mañan toca voltar a rutina…..Asique habera que coller o tercer trimestre con ganas para pasar un bo brao!

    Ate mañan!

  43. Juuaan!!que esta semana santa no me pase nada,pero que sepas que mañana ya estoy a pie de cañon!!:)
    uun besO!
    cuuidate y disfruta de lo que queda

  44. Actualiza Juan!!jeje

  45. Ui..estas dous dias sin pasar por aqui..e perdeste do que vai a cousa pero e que cos exames era complicado…espero poñerme o dia!

    Ate mañán!

  46. hOla Juan!!aquii estOy!!cumpLiendO :)
    sOlO agradecerte que nOs dejaras estudiar,anque no nos pOrtemOs muy bieN…:S
    tengo que ponerme un dia a leer las actualizaciones que estoy un poco atRasada…xD
    un besO!cuidate

  47. Boas….

    Casualmente….na clase de hoxe, cando Xoan falaba de como as persoas deixanse guiar por un ditador nazi, fascista….etc,acordoume un filme novo,se cadra deste ano ou de finais do ano pasado chamado “La Ola”.
    Transcurre na Alemañana actual. Durante a semana de proxectos, ao profesor de instituto Rainer Wenger ocórreselle a idea dun experimento que explique aos seus alumnos cal é o funcionamento dos gobernos totalitarios. Comeza así un experimento que acabará con resultados tráxicos.En apenas uns días, o que comeza cunha serie de ideas inocuas como a disciplina e o sentimento de comunidade vaise convertendo nun movemento real: La Ola. Ao terceiro día, os alumnos comezan a illarse e ameazarse entre si.Cando o conflito finalmente rompe en violencia durante un partido de waterpolo, o profesor decide non seguir co experimento, pero para entón é demasiado tarde, os rapaces xa están descontrolados.
    Deixovos o Link do trailer….a pelicula merece a pena.e e interesante ver como pouco a pouco o que parecia un xogo convertese nun pesadelo para unha clase normal como a nosa.

    Un Saúso a todos

    • Adiantácheste a un dos meus próximos posts, Christian. A película (baseada nun feito real) é tan interesante como aterradora, e ilustrativa do doado que é deixar que o totalitarismo se impoña se non empregamos a razón individual fronte a imposición da turba. Grazas polo teu interesante post, e sirva como adianto para a miña futura entrada. :-)

  48. grazas pola aclaración Juan, a verdade e que este tema é interesante porque todos sabemos que hitler era moi malo pero non sabemos nin como chegou ao poder nin como tivo tanto apoio nin nada que son esas preguntas que sempre me fixen e que nadie me soupo contestar,igual que esa mania aos xudeus,ese racismo etc….. son cousas que sempre me preguntei tendo en conta dende un principio que un individuo asi só se lle pode clasificar como tolo ou algo peor que non quero dicir neste blogue pero que todos sabemos. E por certo tomarei en conta o teu consello de poñer puntos, comas etc… pero e que facer todo ese tipo de cousas no ordenador resúltame moi dificil pola típica forma de escribir abreviada e do messenger a que estamos acostumados sei que non é cousa bóa pero e o que hai jajaja saúdos

    • Confío en que conmigo vos enteredes ben de quen era Hitler, por qué chegou ao poder, por qué o seguiron e, sobre todo, por qué é fundamental que vos coñezades o que pasou. Recordade que é tan importante saber o que queremos como o que non queremos…

  49. hoxe na clase falamos de que so o totalitarismo nazi tiña un compoñente racista superior os dos outros totalitarismos peo se mal non recordo mussolini tamen facia relevancias sobre a raza aria iso e racista non?ainda que en realidade está claro que o réxime nazi foi o peor de todos non só referido a iso, a todo, o tremendo xenocidio é indescriptible está claro que o poder corrompe as mentes ainda que para chegar a eses extremo xa hai que estar mal psicoloxicamente antes de chegar ó poder o que me chamou a atención foi o de mussolini que era socialista e creou un estado fascista …..o que está claro que ao longo da historia sempre houbo e haberá quen goberne e o simple feito de gobernar xa e unha inxustiza penso eu poque é imposible que todos estexamos dacordo ca forma de gobernar e imposible que sexamos totalmente libres nin comunismo nin anarquismo nin fascismo nin democracia nin nada e o que hai o importante é a educacion e que aprendamos a pensar por non mesmos e dentro do malo que se elixa o millor e que non se volvan a repetir sucesos históricos como os fascismos ou calquer outra forma de gobernos represiva e opresora saúdos

    • Aclároche a cuestión, Sergio: Italia adoptou medidas de tipo racista a nivel institucional en 1938, é dicir, moito despois do ascenso de Hitler ao poder en Alemaña. Polo tanto, pese a que o nacionalsocialismo alemán inspírase no fascismo italiano, como veremos, logo as presións da que será a nación mais poderosa e agresiva das dúas, a Alemaña de Hitler, fará que se adopten esas medidas antisemitas na Italia de Mussolinni. En todo caso, ainda baixo a presión do dictador alemán, as medidas racistas adoptadas en Italia foron moito mais ténues e secundarias que en Alemaña, pese a que algúns autores indican que ao dictador italian nunca lle gustaron os xudeos. De ahí ao exterminio hai diferenza…
      Resumindo: a doctrina fascista basease esencialmente no Estado por encima do individuo. A doctrina nazi, a da raza identificada co pobo, fundamentando a nación alemana como a nación de arios.
      En calquera caso, o fascismo en todos os países sempre tiveron (e teñen) a súa principal referencia no nazismo. De ahí a forte carga antisemita destes…
      Por certo: en 2001 o xenial director Ettore Scola estreou a excelente película “Competencia desleal”, que trata o tema das leis antisemitas na Italia de Mussolini a través de dous comerciantes. Unha fermosa historia de amizade en tempos difíciles que pode que a destaque nunha entrada do blogue. Polo de pronto, olla este enlace dunha páxina de cine onde se fala do filme.
      En outra orde de cousas: se pos unha ou dúas comas e algún punto, prométoche que non che vai pasar nada… :-)

  50. Juan o icono que tes hai pegado e vendeta?na túa imaxe persoal refírome jajaja e que me fixo moita gracia jajaja que vinganza terrible estara tramando este o noso profesor? rapaces tede coidado para o terceiro trimestre porque a vinganza será terrible jajaaja bueno pois nada esperemos que deus reparta sorte para este trimestre, as cartas xa estan sobre a mesa e espero que haxa bastantes momntos anecdota neste tema Juan basicamente este é o tema máis interesante para min e creo que podemos sacar moito partido de el para coñecer as tremendas barbaridades e o terrible xenocidio fruto dun dexenerado mental que o único que pretendía como moitos outros era impoñer os seus ideais mediante o uso da forza. Eu non logro entender como pode haber xente que pense e actúe de esa maneira. Saúdos ata mañan!

    • Pois o primeiro adianto do tema é, precisamente, o icono que emprego polo que iso significa. De feito, é moi probable que a primeira entrada sobre este novo tema (que, en efecto, presumo que terá moitísimas entradas) estea adicada á magnífica novela gráfica de Alan Moore. E pronto entenderedes por qué. No tema do fascismo hai moitísimo do que falar…

  51. hola Juan!
    aqui me tienes,como te prometí!:)
    y bueno decirte que me sorprendió muchisimo el siete con cinco,porque yo contaba con menos!:S
    un beso,ya me pasaré más a menudo!
    cuidate!
    maRiia

  52. Hola profre!!

    Bueno pues como prometi pasarme a menudo por la pagina aqui estoy…

    Jolin ya volviste a hacer actualizaciones asi no hay quien estea al dia…

    Suerte mañana para los de recuperación!

  53. Hola profe!

    Pois nada estuben lendo por aí un pouquiño e moi ben,cada dia o curras mais…jeje!Agora entendo porque tanta insistencia para que che visitemos a paxina..normal co que deves traballar aqui…

    Bueno como xa rematou a ponte so me queda dicir asta mañan!

  54. hola Juan!

    Aquí está la del dedo descalabrao!

    jajajaja

    bueno decirte q el dedo va un poco mejor y este puente ya procuré no forzarlo mucho aunque fue dificil porque con la pila de exámenes que tenemos……

    yo creo que mañana puedo hacer el exámen, el problema es que no puedo escribir muy rápido, se me cansa mucho la mano y después me duele el dedo, pero bueno no creo que haya problema!

    si puedes contestar antes de las 12 mejor que así puedo ver la respuesta!

    =)

  55. juuan aqui estOi cOmO te prOmeti!!
    pues nada,decirte que estOi de acuerdO cOn Las refOrmas deL blOg!!:p
    Disfruta deL puuente!
    besOs,Cuidate

    maRiia

  56. poñer as notas noo blog non creo que seria boa idea porque o millor hai xente que non quere facer a sua nota pública a min persoalmente dariame igual o exame era bastante facil xa sabiamos ó que íbamos jajaja sorteee un saudo!!

    • Efectivamente, Sergio. Por ese motivo e polo que non as poño. Tede en conta que unha cousa e dalas na clase, onde, recordade, dou a opción de non dalas en alto a quen non o queira, e outra poñelas na rede á vista de (literalmente) todo o mundo.
      Por outra banda, o agravio comparativo de quen non pode acceder a Internet, ou polo menos dun xeito regular. Non é xusto que sepan a súa nota os seus compañeiros moito antes que el/a.
      Tede paciencia, o luns volas dou a todos… :-)

  57. Pois a min o examen non me saleu nada ben…non sei que me pasou bloqueeime!Pero bueno agora a seguir estudiando…e o das notas eu penso que emillor non poñelas…jeje!

  58. Bueno….a sorte está botada sobre o exame!
    eu creo que non era dificil,non sei vos!
    e sigo reiterando que poñer as notas no blogue sería unha idea moi moderna e adaptada os tempos que corren..nada máis!
    Que pasedes unha boa ponte!!
    un saludo!

  59. a historia e a miña asignatura favorita,moita xente di que non e necesaria para nada e cousas de ese tipo ,eu creo que mais que axudarnos a saber de onde vimos etc a historia (do que eu vin ata agora) axudanos darnos conta do que NON debemos facer e das cousas malas que se fixeron na HISTORIA para non vover a cometer osmesmos erros creo que e indispensable esta asignatura para coñecer cousas como porque temos estas leis que temos actualmente etc que non e outra que retificacions para millor de leis ou tratados anteriores que discriminaban ou rexeitaban a persoas favorecendo aos que mais tiñan por certo exame saleume xenial bueno tanjto coma xenial non pero bastante ben saudos!

  60. Hola profe!Pois moitas gracias ahora si que o teño claro….e que moitas veces me lio con tonterias….digamos que a historia non é o meu,pero bueno gustame superar os meus retos!
    De nobo gracias e mañán que dios reparta suerte para todos!:-)

    • Así se fala, Cris. En todo caso, ten en conta que entender a Historia e saber interpretala é fundamental para entender de onde vimos e hacia donde queremos ir, entender o presente para construir o futuro.
      A Historia é unha muller fermosa que todo o mundo quere ter preto para presumir. Lexitima ou deslexitima gobernos, ditaduras, etc… Que a coñezamos e a sepamos valorar e desenvolver un criterio é fundamental…
      E centrándonos no presente inmediato: boa sorte mañán a todos :-)

  61. hola profe!
    Aqui l teclado Alba Rios!jaja

    q dificil es encontrar un nombre!

    profe tengo un problema para el examen de mañana, tengo un dedo destrozado de la mano derecha y tengo una rana puesta en el dedo(la cosita metalica que te ponen para que no quejes)y con ella no puedo escribir, y sin ella me muero del dolor y no podo escribir!

    alguna solucion?¿

    contesta cuanto antes!

    • Pois a solución é do mais doado: o fas cando poidas escribir e xa está…
      Tí tranquila, que o importante e que te poñas ben, o primeiro é o primeiro. Xa falaremos de facer o exame cando te vexas recuperada totalmente. :-)

  62. Juan non me acaba de quedar moi claro porque os tratados de paz xeraron desacordos economicos entre os paises?E que iso da adopcion de tarifas proteccionistas por Estados Unidos en 1930?
    Decir que estou de acordo con sergio sobre o resumo da revolucion rusa e que tamen me gusta moito a proposta Keynesiana,ben moi ben explicada.
    Christian cada dia estar peor da tua cabeciña….eu tampouco vexo ese boneco……enfin non hai que facerche!

    • A construcción da paz tras a I Guerra Mundial non se baseou na concordia e a solidariedade entre as nacións nun principio. Recorda, Cris, que por unha banda Francia cargou as tintas en que Alemaña pagase fortes indemnizacións por considerala a causante da guerra. Por outra banda, Gran Bretaña non quería que os EEUU os desplazasen como potencia mais poderosa. Ademais, EEUU só pensou en cobrar os créditos que dera durante a guerra e despois, para a reconstrucción europea. E dicir, non houbo unha política nin social nin económica conxuntas para construir o futuro. Pese aos optimistas acordos de Locarno, cando chegou a crise e a depresión tras o crack da bolsa de Wall Street en 1929, en 1933 se reuniron Francia, Inglaterra e EEUU coa fin de facer unha política económica conxunta para afrontar o problema e establecer equivalencias entre as moedas. EEUU negouse, pois recorda que tiña pensado devaluar a moeda e emitila sen respaldo do patrón ouro. Ademais, alegou que era unha maniobra inglesa para recuperar o seu posto de gran potencia, xa que os ingleses xa devaluaran a moeda antes. En fin, como podes ver, insolidariedade e desacordo…
      En canto ao proteccionismo, enlaza co anterior: o librecambio baséase en que quen queira vender que o faga, porque iso estimula que os demais fabricantes vendan mellor e mais barato. O proteccionismo é o contrario: se un país extranxeiro quere vender no pais propio, ten que pagar un imposto moi elevado (arancel). Así, á xente non lle queda outra que mercar productos propios, que sairán mais baratos. Pese a que os USA e Inglaterra foron o baluarte do liberalismo, ambos adoptaron medidas proteccionistas.Foi o salvese que poida que provocou a auxe dos totalitarismos, que abogaban pola autosuficiencia económica (autarquía) e a revancha coas democracias polos feitos do pasado.
      Espero ter contestado axeitadamente a túa pregunta. :-)

  63. non christian non temos un muñeco sonrreindo na dereita iso so o ves ti cando non tomas a medicacion que che diron aqueles homes con batas brancas que unha vez che puxeran unha camisa que ti dicias que non era moi comoda por certo Juan o resumo da rev. rusa esta xenial e moi ben explicada e encanto o temario da crise no linbro tamen ven bastante ben eu persoalmente penso que a proposta de keynes para abolir a crise e a mellor e a mais razoable e que falo disto agora que stamos en crise e porque me gustou moito pareceme unha saida dificilmente superable un saudo!

    pd:cando fao dunha saida dificilmente superable refirome a que a min non se me ocurriria nada millor jajajajaj

  64. Juan…un pequeno detalle…
    non sei se o tedes todos pero….non tedes unha cariña sorrinte no fondo gris da paxina a dereita??
    fixome gracia o xxxxxx ese…jeje
    un saludo

    • Pois… tres cousiñas, Christian:
      1.- Non vexo homiños grises no meu ordenador… polo menos, ate o de agora…
      2.- Non escribades tacos nin expresións malsoantes no blogue, se facedes o favor…
      3.- Apaixoante comentario o teu na vispera dun exame… :-S

  65. Por certo, como xa teredes notado, agora os comentarios mais recentes van no mais alto e os mais antigos van pasando ao final da páxina. Penso que é moito mais cómodo.
    Asemade, agora cada comentario pode ser replicado individualmente. Xa sabedes, a debatir e a postear…

  66. Non vos deixedes levar pola linguaxe dos SMS na vosa escritura, ou vos perderedes o mellor da escritura e da lectura: a comunicación. Iso de entrada. Imaxinades “Don Quijote de la Mancha”, “Hamlet”, “El gran Gatsby”, “Cousas da vida”, “Tiempo de silencio” etc… con linguaxe de SMS? É unha plaga que temos que comezar a desterrar xa…
    Escribide correctamente, recordade que unha palabra ou unha coma mal postas poden cambiar moitas cousas…
    (Iso sin contar que xa sabedes que inflúe na nota a vosa redacción nos exames, nada de abreviaturas, faltas de ortografía, etc… :-) )
    Polo demais, non esperaba menos de tí, Cris. Así me gusta :-D

  67. Hola profe!para que vexas eh!inha tarde de domingo e aqui firmandoche na pagina e tamén estudiando historia:-)!

    Esta moi ben o resumo da revolución rusa!
    E dicir que estou de acordo con keko sobre o da linguaxe dos sms é un mal costume(recoñezoo)pero eche o que hai!

    1bico

  68. si que podo coidar o tema da ortografia pero e que cando escribo no ordenador como casi todos os “rapaces”estamos acostumados a usar a linguaxe típica dos sms que non hay puntos nin nada da gracias que escribo toda-las palabras enteiras jajajaj pero intentarei coidar a ortografia un saludo.

  69. como se nota q este pavo tiene mucho tiempo libre!!
    PESAO DE LOS keko-xxxx!!xD

  70. Benvido, Sergio… por certo: non sería mala cousa que coidases esa ortografía e os signos de puntuación… :-)

  71. buenas tardes noches o dias por fin de una vez pude registrarme que conste que lo mire mucho mas que alguna gente que esta registrada el blog me parece muy didactico(dios mio que bien hablo) y creo que podemos sacar mucho partido de el asi que tarde mal y arrasrto enhotabuena Juan ala a cuidarse nos vemos el lunes por cierto el pesao de la fila de alante como os imaginais soi yo superman!! no… spiderman!…no… un avion no… es un coche.. no soii sergiofernandezbovedadetodoslossantos alias keko ala a cuidarse un abrazo!

  72. A túa ausencia sempre se nota, María. Só que nesta ocasión estiven no pavillón como profesor de apoio dos nosos alumnos de 3º e 4º fronte a outro IES de Melide, e, polo tanto, non houbo clase. Pero sempre é de agradecer que te pases polo blogue ;-)
    Ainda non puxen iso, Cris. Prefiro que primero vexades o material de blogue e preguntedes as dúbidas. Neste fin de semana o porei.

  73. El nombre del usuario de Maria lo mejor jeje muy gracioso!Por cierto aun no pusiste el esquema para el examen ni lo que hay que leer del libro verdad?

  74. Juan!hoy notareis mi ausencia en clase,pero para compensar me paso por el blog!:)
    un besazo

  75. aqui estOi!!=)
    buenO la verdad esque es na pena que nO viniera la gente a cLase!!menOs maL que esteLa y yO cumpLimOs!x)
    y decirte Juan que aunque pienses que nO yO miraba tu blOg desde eL anOnimatO pOrque nO pOdiia fiRmaR,menOs maL que ahOra ya vOi a pOder dejarte cOmentaRiOs!!;)
    y gracias pOr hacerme eL usuariO!:)(:
    un besO!

    maRiia^*

  76. ola profe al final con tu ayuda lo hicimos maria y yo.
    aqui te firmamos al lado tuya..las unicas alumnas aplicadas q fuimos a tu clase..jaja
    y las fotos trucadas estan muy chulas..

    esta muy currado el blog..me gusta

  77. profee!!! que tal esos examenes?? mu bien verda! tu se buenooo…..!!!

  78. oa profe!
    por fin consigo firnar no blog!
    porque peleei……
    ten razon violeta e triana o decir que o de rexistrarse e un coñazo!
    quedouche moi bn o blog e moi interesante

    abur!

  79. Que non cunda o pánico… mañan mércores falamos do tema, e repetimos a votación. Espero que teñamos un resultado mais claro desta vez. Non esquezades que o meu máximo interese é que aprendades e, como engadido fundamental, que obteñades unha boa puntuación.

  80. Profe nosotras creemos que deberíamos de volver a hacer la votación, ya que hoy en clase faltaban 3 personas (las cuales querian que se iciera el lunes despues de carnaval,o cualquier otro dia de esa semana), y con las cuales los que votamos que NO se iciese el jueves ubiésemos ganado!!!

    Asique no seas injusto y a votar!!!!!

  81. Hola profe somos Tania y Cris y era pa decirte que recogimos las votaciones de la clase y salio que se quiere el examen el jueves.Puedes poner hoy las preguntas en el blog??porfa!

  82. porrr fiiiiiiinnnnnnnnnnnnnnnnnn conseguiiii hacerrrr meee la cuentaaa eraaa horaaa!!! que me estaba volviendo locaaaa!

    Pero que conste que ya pase muchas veces por aqui Juan!!! y esta muy bn!!! y creo q es muy util!!!! pero lo seria mas si pusieras las preguntas del precioso examen que tenemos el jueves…no cres? jeje molaria mas!

  83. jaja..Brais El “piratita”
    xD

  84. PORFIN LOGRO REXISTRARME!!!!!
    O blog está moi ben e penso ke nos vay a ser de gran utilidade.Bueno con DIOS e xa sabes “APROBADO XENERAL”JAJA

  85. Por cierto profe que el blog está way lo que pasa es que para registrarse es un ++++ coñazo!!!

    jajaja!!!

    Juan te queremos!! XD

  86. Hola profe!!

    Buen por fin me di hecho la cuenta esta y nada que me gusta mucho la pagina.Por cierto que tal los examenes¿?¿?¿jeje

  87. bien!!!
    soy el 1º en escribir un comentario…jajaja
    bueno juan, el blog te qedo bien!!
    ahora me tienes q poner un 8 en las notas!!
    veña..con Dios

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.