“Pensar e de burros!”

Sorprendente titular, pensaredes… pois non e raro escoitar ainda hoxe xente que cando alguén se equivoca en algo e argumenta “Eu pensaba…” a resposta é “Pensar e de burros!”. Se cadra, iso mesmo pensaba a xente que cometeu unha das inxustizas mais notables do século XX en España con un dos seus mais notables homes. [...]

Xa estamos de volta!

Outra vez na brecha, cun pouco de retraso, mais aquí estamos… confío en que o éxito do ano pasado tenha eco neste curso. Poñédevos cómodos, que arrancamos… Ah, esquecía comentar iso mesmo! A partires de agora o blogue inclúe tamen a Historia de España de 2º. Benvidos de novo…

Pechado por vacacións

Voltamos en Setembro. Recordade, en calquera caso, que seguirán sendo ben recibidas as mensaxes que queirades dexar. Pasádeo ben, é boas vacacións a todos.

Pola Democracia

Fago un inciso nas entradas do post porque considero fundamental unha reflexión sobre a importancia da Democracia. Pero mellor que eu, deixaré que falen os sabios. Deíxovos unhas frases e poemas seleccionados: Primeiro viñeron buscar aos comunistas, e eu non falei porque non era comunista. Despois viñeron polos socialistas e os sindicalistas, e eu non [...]

Dame esperanzas, Johanna…

     E o momento de falar dun das persoalidades mais queridas e notables da nosa época, cos seus noventa anos recén cumpridos (e cunha colosal campaña a través de Internet para felicitarlle), cun macroconcerto cos mellores artistas para festexalo, respetado e querido en todo o mundo, chamado “o abó” dun xeito entrañable no seu país, [...]

O problema de Oriente Medio (III): Seis días que cambiaron a Historia

     Con frecuencia, ao longo da Historia sucédense curtos períodos de tempo que pola súa trascendencia pasan a ocupar un lugar destacado na mesma. Entre estes, sen dúbida, destaca a terceira guerra árabe-israelí, que pasaría aos anais da Historia polo nome de Guerra dos Seis Días. Efectivamente, no curto espazo de tempo de seis días, [...]

O problema de Oriente Medio (II): O Irán dos ayatollahs

     Cando en 1941, en plena guerra mundial, os aliados apartaron do trono ao rei de Persia polo seu filonazismo, pronto puxeron os seus ollos no herdeiro do trono, o xoven e prometedor Mohammad Reza Pahlevi. Profundamente prooccidental, o novo Sha (título otorgado aos monarcas persas) cumpriría as expectivas dos gobernos de Occidente ao dobregarse [...]

O problema de Oriente Medio (I): Nasser e o panarabismo

     Corrían os anos da Guerra Fría entre as dúas superpotencias cando outro foco de tensión apareceu en escea: o conflito árabe-israelí. Unha das súas inmediatas consecuencias, tras a primeira guerra entrambos (da que falaremos), foi a auxe do panarabismo, é dicir, unha expresión do nacionalismo árabe baseado na idea de acadar a unidade política [...]

A crise dos misiles de Cuba: case un final

     Efectivamente, o final da Guerra Fría… e do mundo.      Como ben sabedes, esta crise foi un importante pulso entrambas potencias polo establecemento de bases de lanzamento de misiles soviéticos en teritorio cubano apuntando aos EEUU. Foron trece longos días onde o mundo contivo a respiración e se preparou para o peor. Só a [...]

Agóchate e cúbrete…

     Pasaran tan só catro anos dende que EEUU lanzase as bombas atómicas contra Xapón cando a URSS de Stalin anunciara ao mundo, cun proba nuclear, que os nortemaericanos non eran a única potencia atómica do mundo. A Guerra Fría cobraba forma a pasos axigantados, da mesma maneira que a paranoia que comezou a prosperar [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.