Dame esperanzas, Johanna…

     E o momento de falar dun das persoalidades mais queridas e notables da nosa época, cos seus noventa anos recén cumpridos (e cunha colosal campaña a través de Internet para felicitarlle), cun macroconcerto cos mellores artistas para festexalo, respetado e querido en todo o mundo, chamado “o abó” dun xeito entrañable no seu país, premio nobel da paz en 1993, receptor de preto dun centenar de premios e recoñecementos… ben , como tarxeta de visita polo de agora penso que abonda. É hora de saudar a o gran Nelson Mandela:

TL007642     No ano 1948 sube ao poder na Unión sudafricana (precedente da actual República de Sudáfrica) un partido chamado Partido Nacional Sudafricano, cuxa dereita mais radical simpatizara co réxime nazi e que agora, xa no goberno, implanta o lamentable réxime chamado apartheid, que no idioma afrikáans (un idioma composto a partir da pluralidade de idiomas na zona, entre eles o holandés e o inglés) significa separación. O apartheid significaba unha segregación absoluta entre blancos e negros, castigando incluso as relacións sentimentais interraciais, sendo só os blancos os cidadáns con dereito a voto, tendo diferentes escolas para brancos que para negros, etc…

     Moitas e moi variadas foron as formas nas que o mundo condeou o reximen racista no país austral. Sen embargo, dentro do mesmo os movementos en contra foron fortemente reprimidos. Tal é o caso do Congreso Nacional Africano, liderado por Mandela, que á súa vez respondía con mais accións contra o goberno, como folgas, boicots, etc… Esta actividade levou a que Mandela fose encerrado durante vintesete anos. Durante ese tempo, moitas foron as voces a favor da súa liberación, desde o arzobispo Desmond Tutu (tamén premio Nobel da Paz en 1984) ata músicos de todos os países, con concertos organizados para expresar a súa solidariedade. Dentre as moitas cancións que se fixeron en honor de Mandela, póñovos esta “Free Nelson Mandela”:

 

     O endurecemento do apartheid nos ‘80 do século XX fixo que a contestación internacional se recrudecese. Así, en 1989 Frederik De Klerk (que compartiría o Nobel da Paz con Mandela en 1993) liberou a Mandela e iniciou o proceso de normalización da sociedade eliminando o nefasto rexíme racista. En 1993 a poboación negra poido votar, e en 1994, ante a euforia do mundo libre, Mandela foi nomeado o primer presidente negro de Sudáfrica.

     Moitas foron as manifestacións culturais polo apartheid. Aquí vos deixo coa mais coñecida, e que seguro que coñecedes ben. Moitísima xente a bailamo… bailou e a segue bailando ainda hoxe. Pero non todos coñecen a mensaxe deste fresca e bailable canción de Eddy Grant: “Gimme hope, Joanna” (Dame esperanza, Joanna, referida a Johannesburgo, a cidade mais grande de Sudáfrica e protagonista dunha masacre de persoas negras en 1976 por unha protesta debido á imposición do afrikaans). Vos deixo coa esperanza que pide Grant na súa canción e coa letra traducida:

 

Bien, Jo'anna manexa un país
Manexa Durban y Transvaal
Fai a algunha da súa xente feliz, oh
Non lle importa o resto para nada
Ten un sistema que lle chaman apartheid
Manten aos irmáns en sumisión
Pero quizás a presión pode facer a Jo'anna ver
Como todos poderían vivir unidos

[coro:]
Dame esperanza, Jo'anna
Esperanza, Jo'anna
Dame esperanza, Jo'anna
Antes de que chegue a mañá
Dame esperanza, Jo'anna
Esperanza, Jo'anna
Esperanza antes de que chegue a mañá 
Escoito o que fai todo o diñeiro dourado
Para mercar novas armas, calquera tipo de pistola
Mentres toda nai no negro Soweto teme
A matanza doutro fillo
Escabulléndose a través das fronteiras veciñas
A veces divertíndose un pouco
Non lle importa se os xogos que xoga
Son perigosos para todos

[coro]

Ten apoio en lugares altos
Quen volven as súas cabezas ao sol da ciudade
Jo'anna lles da o lindo diñeiro
Oh para tentar a quen veña
Incluso sabe como mover opinións
En cada revista e nos periódicos
Por cada mal movemento que esta Jo'anna fai
Teñen unha boa explicación

[coro]

Incluso o sacerdote que traballa para Xesús
O Arcebispo que é un home pacífico*
Xuntos din que os guerreiros da liberdade
Se sobrepondrán ao forte
Quero saber se eres cega, Jo'anna
Se queres oír sonido de tambores
Non podes ver que a marea cambia
Oh, non me fagas esperar a que a mañá chegue
*Desmond Tutu

      E Grant tiña razón, a marea cambiou. Feliz cumpreanos, “abó” Mandela.

     E por certo, se queredes ver unha boa película sobre o tema, aquí tedes o trailer de “Adeus, Bafana”, de Billie August, sobre a etapa de Mandela no cárcere nunha emotiva historia de cambio e esperanza:

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.