Voltamos en Setembro. Recordade, en calquera caso, que seguirán sendo ben recibidas as mensaxes que queirades dexar. Pasádeo ben, é boas vacacións a todos.
Filed under: Uncategorized | Deixa un comentario »
Voltamos en Setembro. Recordade, en calquera caso, que seguirán sendo ben recibidas as mensaxes que queirades dexar. Pasádeo ben, é boas vacacións a todos.
Filed under: Uncategorized | Deixa un comentario »
Fago un inciso nas entradas do post porque considero fundamental unha reflexión sobre a importancia da Democracia. Pero mellor que eu, deixaré que falen os sabios. Deíxovos unhas frases e poemas seleccionados:
Primeiro viñeron buscar aos comunistas, e eu non falei porque non era comunista. Despois viñeron polos socialistas e os sindicalistas, e eu non falei porque non era o un nin o outro. Despois viñeron polos xudeus, e eu non falei porque non era xudeu. Despois viñeron por min, e para ese momento xa non quedaba ninguén que puidese falar por min.
Martin Niemöller
(Atribuido a Bertolt Brecht).
Quen son capaces de renunciar á liberdade esencial a cambio dunha pequena seguridade transitoria, non son merecedores nin da liberdade nin da seguridade.
Benjamin Franklin.
Non estou de acordo co que dis pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo
Voltaire
A democracia é unha forma superior de goberno, porque se basea no respecto do home como ser racional.
John F. Kennedy
Do mesmo xeito que non sería un escravo, tampouco sería un amo. Isto expresa a miña idea da democracia.
Abraham Lincoln
Todos os males da democracia poden curarse con máis democracia.
Alfred E. Smith
Falar da democracia e calar ao pobo é unha farsa. Falar de humanismo e negar aos homes é unha mentira.
Ovidio
Non hai democracia se hai ignorancia.
Anónimo
Non esquezades nunca que a Democracia é como un ser vivo, temos que alimentalo cada día… confío en que estas frases vos fagan meditar.
Filed under: Uncategorized | Deixa un comentario »
E o momento de falar dun das persoalidades mais queridas e notables da nosa época, cos seus noventa anos recén cumpridos (e cunha colosal campaña a través de Internet para felicitarlle), cun macroconcerto cos mellores artistas para festexalo, respetado e querido en todo o mundo, chamado “o abó” dun xeito entrañable no seu país, premio nobel da paz en 1993, receptor de preto dun centenar de premios e recoñecementos… ben , como tarxeta de visita polo de agora penso que abonda. É hora de saudar a o gran Nelson Mandela:
No ano 1948 sube ao poder na Unión sudafricana (precedente da actual República de Sudáfrica) un partido chamado Partido Nacional Sudafricano, cuxa dereita mais radical simpatizara co réxime nazi e que agora, xa no goberno, implanta o lamentable réxime chamado apartheid, que no idioma afrikáans (un idioma composto a partir da pluralidade de idiomas na zona, entre eles o holandés e o inglés) significa separación. O apartheid significaba unha segregación absoluta entre blancos e negros, castigando incluso as relacións sentimentais interraciais, sendo só os blancos os cidadáns con dereito a voto, tendo diferentes escolas para brancos que para negros, etc…
Moitas e moi variadas foron as formas nas que o mundo condeou o reximen racista no país austral. Sen embargo, dentro do mesmo os movementos en contra foron fortemente reprimidos. Tal é o caso do Congreso Nacional Africano, liderado por Mandela, que á súa vez respondía con mais accións contra o goberno, como folgas, boicots, etc… Esta actividade levou a que Mandela fose encerrado durante vintesete anos. Durante ese tempo, moitas foron as voces a favor da súa liberación, desde o arzobispo Desmond Tutu (tamén premio Nobel da Paz en 1984) ata músicos de todos os países, con concertos organizados para expresar a súa solidariedade. Dentre as moitas cancións que se fixeron en honor de Mandela, póñovos esta “Free Nelson Mandela”:
O endurecemento do apartheid nos ‘80 do século XX fixo que a contestación internacional se recrudecese. Así, en 1989 Frederik De Klerk (que compartiría o Nobel da Paz con Mandela en 1993) liberou a Mandela e iniciou o proceso de normalización da sociedade eliminando o nefasto rexíme racista. En 1993 a poboación negra poido votar, e en 1994, ante a euforia do mundo libre, Mandela foi nomeado o primer presidente negro de Sudáfrica.
Moitas foron as manifestacións culturais polo apartheid. Aquí vos deixo coa mais coñecida, e que seguro que coñecedes ben. Moitísima xente a bailamo… bailou e a segue bailando ainda hoxe. Pero non todos coñecen a mensaxe deste fresca e bailable canción de Eddy Grant: “Gimme hope, Joanna” (Dame esperanza, Joanna, referida a Johannesburgo, a cidade mais grande de Sudáfrica e protagonista dunha masacre de persoas negras en 1976 por unha protesta debido á imposición do afrikaans). Vos deixo coa esperanza que pide Grant na súa canción e coa letra traducida:
Bien, Jo'anna manexa un país
Manexa Durban y Transvaal
Fai a algunha da súa xente feliz, oh
Non lle importa o resto para nada
Ten un sistema que lle chaman apartheid
Manten aos irmáns en sumisión
Pero quizás a presión pode facer a Jo'anna ver
Como todos poderían vivir unidos
[coro:]
Dame esperanza, Jo'anna
Esperanza, Jo'anna
Dame esperanza, Jo'anna
Antes de que chegue a mañá
Dame esperanza, Jo'anna
Esperanza, Jo'anna
Esperanza antes de que chegue a mañá
Escoito o que fai todo o diñeiro dourado
Para mercar novas armas, calquera tipo de pistola
Mentres toda nai no negro Soweto teme
A matanza doutro fillo
Escabulléndose a través das fronteiras veciñas
A veces divertíndose un pouco
Non lle importa se os xogos que xoga
Son perigosos para todos
[coro]
Ten apoio en lugares altos
Quen volven as súas cabezas ao sol da ciudade
Jo'anna lles da o lindo diñeiro
Oh para tentar a quen veña
Incluso sabe como mover opinións
En cada revista e nos periódicos
Por cada mal movemento que esta Jo'anna fai
Teñen unha boa explicación
[coro]
Incluso o sacerdote que traballa para Xesús
O Arcebispo que é un home pacífico*
Xuntos din que os guerreiros da liberdade
Se sobrepondrán ao forte
Quero saber se eres cega, Jo'anna
Se queres oír sonido de tambores
Non podes ver que a marea cambia
Oh, non me fagas esperar a que a mañá chegue
*Desmond Tutu
E Grant tiña razón, a marea cambiou. Feliz cumpreanos, “abó” Mandela.
E por certo, se queredes ver unha boa película sobre o tema, aquí tedes o trailer de “Adeus, Bafana”, de Billie August, sobre a etapa de Mandela no cárcere nunha emotiva historia de cambio e esperanza:
Filed under: Uncategorized | Tagged: Subtema: descolonización | Deixa un comentario »
Con frecuencia, ao longo da Historia sucédense curtos períodos de tempo que pola súa trascendencia pasan a ocupar un lugar destacado na mesma. Entre estes, sen dúbida, destaca a terceira guerra árabe-israelí, que pasaría aos anais da Historia polo nome de Guerra dos Seis Días. Efectivamente, no curto espazo de tempo de seis días, e ante a posibilidade dun ataque conxunto dos países islámicos, o Estado de Israel co xeneral e ministro de defensa Moshe Dayan á cabeza lanzaron un ataque preventivo no que non só derrotaron aos exércitos de Exipto, Xordania e Siria, senón que ademais ocuparon a franxa de Gaza, os altos do Golán e a cidade de Xerusalén:
Moshe Dayan
Xa comentaremos o desenvolvemento das catro guerras árabe-israelíes. Agora deíxovos co interesante documental do Canle de Historia da serie “Estratexias de combate” referido a esta breve pero contundente guerra:
Filed under: Uncategorized | Tagged: Subtema: descolonización, Subtema: o conflito de Oriente Medio, Tema: a Guerra Fría | 1 Comentario »
Cando en 1941, en plena guerra mundial, os aliados apartaron do trono ao rei de Persia polo seu filonazismo, pronto puxeron os seus ollos no herdeiro do trono, o xoven e prometedor Mohammad Reza Pahlevi. Profundamente prooccidental, o novo Sha (título otorgado aos monarcas persas) cumpriría as expectivas dos gobernos de Occidente ao dobregarse aos seus intereses sometendo pola forza aos críticos a esta dependencia dos gobernos europeos e norteamericanos. De feito, xa en pleno auxe do panarabismo con Nasser xa en Exipto, se produciría en Persia un golpe de Estado de corte nacionalista coa intención de nacionalizar os valiosos xacementos de petróleo da zona. O golpe foi pronto reconducido pola CIA norteamericana, que lle devolveu o poder a Palevi. O goberno do sha endureceuse entón, gobernando despóticamente coa axuda dos EEUU, aplastando toda a posible oposición nun rexime despótico que culminaría coa súa coroación como emperador no ano 1967.
As medidas modernizadoras de Pahlevi eran ben vistas en Occidente, sen reparar que as mesmas dábanse nun pais subyugado aos desexos occidentais nun rexime de tiranía. As medidas modernizadoras, como o do sufraxio femenino (nun país no que se surpimiran os partidos políticos) e, sobre todo, a súa tendencia a crear un Estado laico independente da relixión era ben visto por Occidente. A súa terceira esposa, a bellísima Farah Diba, era portada das revistas do corazón polo seu glamour:
De feito, tal era a fama da emperatriz na prensa do corazón española que o propio Almodovar se inspiraría no exilio da familia real e a propia Farah (ainda que o nome que emprega no filme para esa persoaxe e o de Toraya, trasunto de Soraya, primeira esposa do sha) para facer unha das súas mais tolas películas, Labirinto de pasións.
Sen embargo, o descontento do pobo ía en aumento, e, ante o laicismo do sha, se impón unha revolución que fai fuxir a toda a familia real e, na onda no panarabismo, institúese unha república islámica profundamente relixiosa, nun Estado que muda o seu nome ao de República Islámica de Irán. O seu lider, o ayatollah (título mais alto da xerarquía relixiosa chíi) Jomeini, instaura un rexime baseado nunha profunda relixiosidade e cunha imbricación absoluta entre política e relixión. Asimesmo, rompe os seus lazos con Occidente e provoca o enfrentamento definitivo con EEUU coa súa pasividade ante o asalto da embaixada estadounidense en Teherán e a que se chamou a crisis dos rehens, ademais da nacionalización do petróleo iraní que agudizou ainda mais a crise do petróleo. Mais tarde, entraría nunha longa guerra contra Iraq oito anos de guerra de desgaste, pese a cal a popularidade do ayatollah non decaería.
Supoño que esperades que o clip musical esta vez sexa o de Siniestro Total… pois non. Prefiro que coñezades unha das mellores bandas de rock da historia, The Clash, que, en plena época de axitación en Oriente Medio e coa longa crise do petróleo de fondo, publicaron esta magnífica e gamberra canción, Rock the Casbah. Premede no enlace para ver o vídeo en Youtube.
Filed under: Uncategorized | Tagged: Subtema: descolonización, Subtema: o conflito de Oriente Medio, Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »
Corrían os anos da Guerra Fría entre as dúas superpotencias cando outro foco de tensión apareceu en escea: o conflito árabe-israelí. Unha das súas inmediatas consecuencias, tras a primeira guerra entrambos (da que falaremos), foi a auxe do panarabismo, é dicir, unha expresión do nacionalismo árabe baseado na idea de acadar a unidade política e social de todo o mundo árabe. Ainda que era un movemento anterior, o detonante da súa plasmación política reside na fundación do Estado de Israel en 1948, un feito que foi considerado polo mundo árabe como unha traizón de occidente e que fomentou a idea de alonxarse deste para crear unha unidade do Islam, unha terceíra vía aos dous bloques.
E o primeiro en facer realidad un estado nacionalista islámico foi Gamal Abdel Nasser en Exipto no ano 1952. Acollido con entusiasmo pola poboación (e polo mundo islámico), o novo líder islámico de Exipto chegaba nun momento no que a corrupta monarquía do rei Faruk, considerado un títere de occidente, tocaba fondo na súa impopularidade debido á súa inoperancia, a miseria da poboación e o control dos británicos dos asuntos exipcios.
Nasser representaba o Movemento de Oficiais Libres, que pronto foi o grupo hexemónico no poder orientándose a un modelo de Estado socialista. Isto tuvo a súa plasmación na nacionalización do Canle de Suez, coa idea de desplazar definitivamente a Occidente dos asuntos exipcios, ademáis de ter así as mans libres e a financiación necesaria para poder construir unha obra digna dos antigos faraóns: a presa de Assuan. Nun momento de enorme popularidade, o primeiro exipcio no poder dende a época dos faraóns se enfrontaba abertamente a franceses e británicos. Estes reaccionaron coa forza nunha invasión conxunta da zona inmediatamente freada por EEUU e a URSS ante o temor da escalada da violencia. Pronto, o novo presidente exipcio contaría coa colaboración dos soviéticos para o seu proxecto da presa. Era o primeiro acto visible da Guerra Fría.
Nasser, xunto ao premier soviético, Kruschev
A construción da presa foi un proxecto destinado a abastecer de auga a gran parte do país, controlar as crecidas do Nilo e aportar enerxía eléctrica en abundancia, ademais de crear unha nova industria pesqueira entroutros avances. Pese a que nun principio os EEUU aportaron unha importante suma de diñeiro para ganarlle terreo aos soviéticos, o nacionalismo de Nasser fixo que se retiraran do asunto, polo que, para financiar o enorme custo, o presidente exipcío nacionalizou o Canle de Suez, como xa dixemos. Tras isto, a URSS pagou un tercio do custo total, ademais de aportar enxeñeiros e materiais. Aquí tedes un fragmento do documental do canle de Historia que o conta moi ben:
O reto mais grande da construción foi o de trasladar os monumentos do Antigo Exipto que se asentaban na zona. Un esforzo conxunto de enxeñeiros de todo o mundo consegui trasladar os xigantescos monumentos algúns kilómetros mais arriba do lugar da presa:
Sen embargo, o declive da popularidade de Nasser e o panarabismo comezou coa estrepitosa derrota ante Israel na Guerra dos Seis Días (da que falaremos mais adiante). Presidente ata a súa morte en 1970, portavoz do nacionalismo islámico e protagonista absoluto do Movemento de Países non Alineados na Conferencia de Bandung de 1955 (que terá a súa propia entrada), sería sustituido por Annuar el-Sadat, cuxo achegamento a Israel lle costaría a vida. Pero diso xa falaremos…
Comezaba a Guerra Fría. E o conflito árabe israelí, ainda hoxe inconcluso e de dificil solución. E o nacionalismo islámico, que ainda daría moitos sobresaltos a Occidente. A historia non rematou ainda, e ogallá sexades vos os que escribades as entradas de blogue, ou o que queria que haxa entón, nas que faledes do fin pacífico do conflito…
Filed under: Uncategorized | Tagged: Subtema: descolonización, Subtema: o conflito de Oriente Medio, Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »
Efectivamente, o final da Guerra Fría… e do mundo.
Como ben sabedes, esta crise foi un importante pulso entrambas potencias polo establecemento de bases de lanzamento de misiles soviéticos en teritorio cubano apuntando aos EEUU. Foron trece longos días onde o mundo contivo a respiración e se preparou para o peor. Só a habilidade diplomática das partes implicadas, nunha serie de xogos malabares dialécticos, conseguíu frear a amenaza e inaugurar unha breve etapa de distensión.
Como sempre, amosovos un filme realizado ao respecto interpretado por Kevin Kostner, moi ben realizado e documentado e moi entretenido. Eso sí, Kevin se sobra un pouco e a súa persoaxe ten un pouco mais de peso na película do que tivo na realidade, pero aínda así paga a pena abrir esa ventana ao pasado a través de “Trece días”, de Roger Donaldson:
Aquí tedes o trailer (en inglés):
En serio, moi recomendable. É moi boa cousa saber o preto que estivemos do fin pola paranoia dos bloques enfrontados.
Por certo: o cartel español pon: “Prepárate para coñecer os trece días que puideron cambiar o curso da historia”. O Cartel orixinal é mais axustado á realidade. Literalmente pon: “Nunca creerías o preto que estivemos”…
Filed under: Uncategorized | Tagged: Cine para Bacharelato, Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »
Pasaran tan só catro anos dende que EEUU lanzase as bombas atómicas contra Xapón cando a URSS de Stalin anunciara ao mundo, cun proba nuclear, que os nortemaericanos non eran a única potencia atómica do mundo. A Guerra Fría cobraba forma a pasos axigantados, da mesma maneira que a paranoia que comezou a prosperar en todo o mundo sobre a amenaza real dunha devastadora guerra nuclear.
Nese conexto, a propaganda bélica que xa vimos que era o usual nas guerras mundiais tamén teñen importancia neste momento de tensión entre as superpotencias. Así, en 1951, o Goberno dos EEUU elabora un documental sobre o que debe de facer a poboación civil ante un bombardeo nuclear (cousa que daban por feita), instruíndo especialmente aos nenos.
O documental, titulado Duck and cover (Agóchate e cúbrete) é, ainda hoxe, tremendamente popular, e a súa persoaxe principal, Bert a tartaruga, ainda é obxecto de camisetas, tazas, etc… Non é de extrañar que toda unha xeneración de estadounidenses lle teñan entre aprecio e pitorreo. Aquí vos poño o documental íntegro (en inglés, pero o que importa son as imáxenes):
Xa sabedes: se nos bombardean con armas atómicas, vos tapades cun mantel e ides tirando… entendedes por qué é tan entrañable para os USA?
En realidade, non era o primeiro. En 1950, o Goberno estadounidense realizara o documental divulgativo “Sobrevivir tras un ataque atómico”… y, francamente, algo me di que non creo que se sobrevivira moito con estes consellos:
Pero se algo estaba claro para os ianquis era que os comunistas podían invadir as cidades americanas en calquera momento. E, ademais, a xulgar polo seguinte vídeo de propaganda, eran mais feos que un porco con gomina e mais brutos cun colar de melóns…
Claro que os soviéticos opinaban o contrario. Como dixera Sting nunha xenial canción, xa a finales da Guerra Fría, “estou certo de que os rusos tamén queren aos seus fillos”:
É dicir: protexer aos seus nenos do ataque do inimigo capitalista, e, mentres durmen prácidamente, o exército vermello vela ese sono.
Xa vedes… pois uns e outros, capitalistas e comunistas, tardarían moitos, moitos anos aínda en darse de conta de que todos velamos o sono dos nosos nenos…
Filed under: Uncategorized | Tagged: Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »
Pero non foi só o xenial Elton John o que, a través da música, reflectíu o sentir xeral da sociedade ante os dous colosos enfrontados a cara de can e a piques de facer voar o mundo en anacos por impoñer a súa forma de ver as cousas. Así, en plena movida madrileña, a principios dos ‘80 do século XX, os grupos rompedores e trasgresores campaban as súas anchas polo panorama cultural español, aportando coa súa nova musica un ar fresco que reflictía o sentir de toda unha xeneración. Un destes grupos foi Polanski y el ardor, e o tema que vos amoso nesta entrada foi o seu maior éxito: “Ataque preventivo de la URSS”:
Na letra fala da NATO (OTAN) e o Pacto de Varsovia, a estratexia flexible (sistema proposto por Kennedy baseado na resposta proporcionada ás agresións para evitar unha escalada maior), etc. Disfrutade da música destes tolos nados nunha década irrepetible para a nova sociedade española.
Ataque preventivo de la URSS:
No, no, no, no,
No, no es posible
Se ha averiado mi respuesta flexible
Y el airbus, se ha vuelto loco
y no me quiere llevar al Orinoco
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú?
¡No sé!
No, no, no, no,
No tengo novia
Y no me mola el pacto de Varsovia
Ese señor me tiene gato
y no me mola el tratado de la NATO.
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú?
¡No sé!
No, no, no, no,
No, no es posible
lanzar un Yakovlev ocho con misiles
y el airbus se ha vuelto loco
y no me quiere llevar al Orinoco.
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?
¿Qué harías tú?
¡No sé!
Filed under: Uncategorized | Tagged: Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »
E comezamos xa a falar do tema da situación internacional resultado do fin da Segunda Guerra Mundial: o enfrentamento entre o mundo comunista da URSS e o capitalista dos EEUU, sen que se producise un conflito directo entre ambos. Antes de entrar en materia, comezemos cun pouco de boa música: a do incombustible Elton John, que na súa canción Nikita reflicte moi ben o que se respiraba no mundo a través da historia dun occidental que se enamora dunha oficial soviética no Berlín Este. Póñovos o vídeo e a letra traducida ao galego. Comprobade como fala de que Nikita non pode coñecer o que pasa en Occidente, nin mirar mais aló da alambrada do muro de Berlín:
Oes, Nikita, vai frío
na túa pequena esquina no mundo?
Poderías percorrer todo o globo
e non atopar un alma tan cálida por coñecer
Oh, vinte no muro
dez dos teus soldadiños de latón en fila
con ollos que parecen xeo ardendo
O corazón humano cautivo na neve.
Oh, Nikita, nunca saberás
nada sobre o meu fogar.
Eu nunca saberei o ben que senta abrazarte
Nikita, necesitote tanto…
Oh, Nikita, é o outro lado
de algunha líña dada no tempo
contando diez soldadiños de latón en fila
Oh, no, Nikita nunca saberás.
Algunha vez soñaches comigo?
Algunha vez viches as cartas que escribín
cando miras por enrriba da alambrada?
Nikita, contas as estrelas pola noite?
E se algúnha vez chega o momento
en que pistolas e portas non te reteñan nunca máis
e se eres libre de elixir
mira de frente, cara o oeste, e atoparás a un amigo.
Filed under: Uncategorized | Tagged: Tema: a Guerra Fría | Deixa un comentario »